Erofanía

Erofanía

Erofanía

triloxía poética

Yolanda Castaño

Espiral Maior, 2009
ISBN: 9788492646180
Idioma: galego

«Vede aquí, caros lectores de poesía, un libro que nace como o movemento ascendente da saiva -acción máxica que toca a vibración da vida e do tempo: do ser- e a beleza instantánea da flor que trae a luz, a forma e o sentido duhna linguaxe xerminal que, a través do verso, esa música sempre azulada, crea unha identidade precisa e real.

Yolanda Castaño é autora feliz duhna poética que ilumina, desde súa sensibilidade textual, o espazo humano da experiencia: tensión adolescente e lúcida, rimbaudiana; amor en figuras ternas de posesión e ausencia, contacto surrealista de imaxe e símbolo que nos sorprende na textura do poema.

A poesía referve aquí e queima o labio silencioso do lector.

A poesía de Yolanda Castaño chega como uhna espontaneidade de fonte, uhna visión que no espello da linguaxe produce uhna frescura admirábel, poderosa, entre tanta paisaxe morta que adornan e pisan os poetas decadentes de letra e espírito. A nosa autora eleva as pálpebras entre a seiva e a flor da razón poética. Exporse con toda a alma ao abismo, ver máis alá, ollar o pozo branco e iluminado que levamos dentro.

A poesía é un risco que se corre, uhna brasa viva levada na palma da man, no fondo do alento. E respirar con todos os poros. Escribir nas espirais do sangue. Ser nun entusiasmo transparente…»

Miguel Anxo Fernán Vello